Monday 13 de May de 2024

O Partido Popular denuncia o novo intento do alcalde de Oleiros para silenciar á oposición


O GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL LEVA Ao PRÓXIMO PLENO UNHA MODIFICACIÓNDO REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL (ROM) PARA LIMITAR As MOCIÓNS QUEPODEN PRESENTAR Os GRUPOS MUNICIPAIS

O Alcalde de Oleiros deu un salto cualitativo cun novo intento de silenciar aosgrupos da oposición no seu labor de control ao Goberno local coa medida quepretende aprobar no próximo Pleno e coa que quere limitar a un máximo de dousas mocións que pode presentar cada grupo municipal.

Desde o Partido Popular de Oleiros estamos convencidos que esta medida supón unpaso máis nunha escalada que parece non ter fin. Á non aceptación de rogos epreguntas, se non son por escrito e con anterioridade á celebración do Pleno, engádeseo rexeitamento de todo tipo de mocións, con independencia do seu número, en función de criterios caprichosos sobre a urxencia nos que o equipo de Goberno acaba pasando o rodete e quitándose de encima algo tan elemental e básico como o debate municipal.
“O Partido Popular de Oleiros denuncia a medida que pretende aprobar o Alcalde, en primeiro lugar porque supón unha vulneración do dereito de participación da cidadanía a través das representación política que exercen os concelleiros; e en segundo lugar, pola súa arbitrariedade escandalosa e desproporcional na que, na práctica, dá igual ter un ou cinco concelleiros, xa que o límite de mocións a presentar por cada grupo é de dous”, declarou Loli Silva, portavoz municipal do Partido Popular.

“Agora máis que nunca é necesaria noso labor de control ao Goberno local, cando nos atopamos #ante uns últimos acontecementos que resultan alarmantes para os veciños de Oleiros: contribucións de Mera que hai que devolver, concursos de limpeza viaria que hai que repetir, adquisicións de parcelas municipais vinculadas ao goberno municipal que hai que vixiar, etc.”, concluíu a súa declaración a portavoz dos Populares, Loli Silva.